O equipo Junior Feminino de Peleteiro conseguiu esta pasada fin de semana o pase á Fase Final da Copa Galicia

O equipo Junior Feminino de Peleteiro conseguiu esta pasada fin de semana o pase á Fase Final da Copa Galicia

A súa victoria por 67-28 no derby ante o Pio XII Instituto Rosalia permitelles estar este próximo fin de semana nas finais

As rapazas de Peleteiro, adestradas esta tempada por Nacho Varela, competiron na fase precia no grupo Norte, no que se tivo que medir a Ensino de Lugo, Estudiantes e Pio XII Rosalia. Nesta primeira fase só tivo unha derrota, diante do Estudiantes de Lugo polo que chegou a derradeira xornada con opcións de meterse na fase Final.

A súa victoria por 67-28 no derby ante o Pio XII Instituto Rosalia permitelles estar este próximo fin de semana nas finais.

As colexiais mediranse na primeira semifinal o Celta de Vigo, organizador da Final e gran dominador da categoria nos ultimos anos; este partido disputarase o domingo ás 10 da mañan, mentres que a segunda semifinal a disputarán o Estudiantes de Lugo e Compañía de Maria de Vigo.

Esta será a septima participación consecutiva dun equipo junior femenino do noso club nunha fase final de Copa.

As xogadoras que forman parte de este equipo son: Ana Fagín, Clara Silva, Paloma Eiroa, Claudia, Andrea Fernández, Carlota Martínez Paula Lamas, Laura Salgueiro, Iria Losada, Clara Gil, Rut Iglesias y Lidia González.

Comentarios