Os clubs do municipio ribeirense xa poden solicitar as axudas para actividades deportivas

Os clubs do municipio ribeirense xa poden solicitar as axudas para actividades deportivas
Os clubs do municipio ribeirense xa poden solicitar as axudas para actividades deportivas

A administración local conta cunha partida de 140.000 euros para este concepto

Dende o día 4 de outubro, os clubs do municipio ribeirense xa poden solicitar as axudas que concede o Concello para as actividades deportivas.

A administración local dispón dunha partida de 140.000 euros para este apartado despois de que se aprobase no último pleno ordinario da Corporaciónunha ampliación de 20.000 euros sobre a contía inicialmnte prevista (120.000 euros).

Cada club poderá subvencionar, ata un máximo do 70% do total, o gasto en organización de actividades deportidas desenvolvidas por entidades deportivas con carácter afeccionado, asó como a participación en competicións deportivas, sexan federadas ou non, cun límite de 14.000 euros. As actividades subvencionadas deberán desenvolverse dentro do período 1 de novembro de 2017 a 31 de decembro de 2018.

Como excepción ás bases xerais, os gastos de manutención e aloxamento poderán incluírse sempre que veñan acompañados de calendario deportivo que os respalde.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes.

Hai que destacar o forte incremento rexistrado polo capítulo de axudas do Concello a clubs deportivos nos últimos anos, que en 2016 ascendía a 60.000 euros; en 2017, a 120.000; e en 2018, sube a 140.000 euros.

Comentarios