A USC participará nun proxecto europeo para estudar os impactos do lixo mariño nos océanos

A USC participará nun proxecto europeo para estudar os impactos do lixo mariño nos océanos

NetTag analizará eses impactos nas costas de Portugal, Galicia e o Reino Unido

A USC é unha das entidades que participan no proxecto ‘NetTag-Tagging fishing gears and enhancing on board best-practices to promote waste free fisheries’ que, coordinado pola investigadora Cristina Ribeiro do Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental de Portugal, consiste na avaliación ecolóxica e socioeconómica do impacto do lixo mariño nos mares.

O proxecto deseñará, ademais, innovadores métodos tecnolóxicos para detectar, recuperar e reducir o número de artes de pesca do mar. NetTag analizará eses impactos nas costas de Portugal, Galicia e o Reino Unido, de maneira que os resultados contribuirán a cumprir cos obxectivos e prioridades dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas (2030), o Global Partnership on Marine Litter e a Estratexia de Honolulu, a Directiva Marco da Estratexia Mariña Europea (MSFD) e a iniciativa da economía circular da Unión Europea.

Da USC, lideran o traballo socioeconómico os profesores Sebastián Villasante e Manel Antelo e os investigadores Pablo Pita Orduna e Joao Garcia-Rodrigues. Ademais, participan as Universidades de Aveiro (Portugal) e Newscaste (Reino Unido), o Centro de Robótica e Sistemas Autónomos (CRAS) de Portugal, o Royal Lankhorst Euronete Group e a Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI).

NetTag conta cun orzamento de 493,063 euros e está financiado pola Executive Agency for Small and Medium sized Enterprises (EASME) da Comisión Europea.

Comentarios