Hoxe remata o prazo para a matricula no CLM

Hoxe remata o prazo para a matricula no CLM

O prazo rematará hoxe ás 23:59 horas

A matrícula nos cursos de idiomas do Centro de Linguas Modernas rematará o venres 5 ás 23.59 horas. As persoas interesadas teñen a posibilidade de formalizar matrícula nos cursos anuais de inglés e nos semestrais de alemán, checo, chinés, francés, galego para non galegofalantes, inglés, italiano, portugués e xaponés, no caso do Campus de Santiago. 

En Lugo, existe oferta para os cursos anuais de inglés e nos semestrais de alemán, francés, galego para non galegofalantes e portugués. Os cursos de español como lingua estranxeira e catalán teñen un calendario propio.

Para acreditar a competencia lingüística do nivel B1 e B2 mediante a proba PCL da USC é preciso matricularse ao longo de todo o curso académico 2018/2019.

Comentarios