O alcalde da cidade italiana Acqui Terme visita o museo Casa de la Troya

O alcalde da cidade italiana Acqui Terme visita o museo Casa de la Troya
O alcalde da cidade italiana Acqui Terme visita o museo Casa de la Troya

O Museo Casa de la Troya leva recibido xa no que vai de ano máis de 2.500 visitantes

Onte visitou o Museo Casa de la Troya o alcalde da localidade italiana de Acqui Terme, Lorenzo Lucchini, e a súa esposa, Maria Rosa Abergo, xunto a Rafaella Caria, secretaria executiva da European Route of Historical Thermal Towns (Ruta europea das ciudades termais históricas). 

O director do museo, Benigno Amor, acompañounos no seu percorrido pola vella pensión de estudantes e tamén nunha visita pola cidade compostelá, antes de partiren cara a Ourense, onde participan estes días na Asamblea Xeral da Asociación Europea de Cidades Termais Histórica.


O Museo Casa de la Troya leva recibido xa no que vai de ano máis de 2.500 visitantes, superando as cifras dos anos anteriores. Cómpre salientar o alto nivel de satisfacción dos seus visitantes, tal como se recolle en páxinas web como Trip Advisor. 

Con motivo do seu 25º aniversario, o museo ampliou a súa temporada e poderá visitarse ata mediados de outubro, os venres e sábados en horario de 11 a 14 e de 16 a 20 horas.

Comentarios