Noriega recibe ao alumnado de República Dominicana do Máster en Deseño Aquitectónico

Noriega recibe ao alumnado de República Dominicana do Máster en Deseño Aquitectónico
Noriega recibe ao alumnado de República Dominicana do Máster en Deseño Aquitectónico

O alcalde, Martiño Noriega, lembrou os vínculos entre as dúas cidades, e animou ao estudantado a coñecer máis en detalle a capital galega

O alcalde, Martiño Noriega, presidiu esta mañá a recepción a un grupo de alumnos e alumnas da República Dominicana que cursan o Máster en Deseño Aquitectónico que a Universidade da Coruña imparte en colaboración coa Universidade Pontificia dese país, O estudantado estivo acompañado polo arquitecto e profesor compostelán Pablo Costa.

Na visita ao Pazo de Raxoi participaron máis dunha vintena de alumnos e alumnas dominicanos, a maioría deles procedentes de Santiago de los Caballeros. Esta foi a primeira cidade americana en levar o nome do Apóstolo, e está irmandada con Compostela. 

O alcalde, Martiño Noriega, lembrou os vínculos entre as dúas cidades, e animou ao estudantado a coñecer máis en detalle a capital galega. Ademais, o rexedor quixo aproveitar a recepción para recoñecer o traballo de Pablo Costa, "un home que ademais do seu prestixio profesional ten unha verdadeira paixón por Santiago, e retratou como ninguén a súa evolución histórica a través da arquitectura".

Na recepción ao alumnado dominicano tamén participaron os concelleiros de Espazos Cidadáns e Educación, Jorge Duarte e Manolo Dios, así como a concelleira do PP Pepa Castro. 

Comentarios
Lo más