Censuran as palabras da voceira María Ángeles Martínez que chamou "mulleres florero" ás ministras do Goberno

Censuran as palabras da voceira María Ángeles Martínez que chamou "mulleres florero" ás ministras do Goberno

Pierres advertiu que dende a folga das mulleres do pasado 8 de marzo, que foi cualificada de machista polos responsables do PP, non teñen tomado “ningunha medida significativa neste sentido"

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, denunciou onte a “actitude consentidora” do PP, que non entende a necesaria “desculpa da súa portavoz na Comisión de Igualdade unha rectificación por ter comparado onte ás mulleres do goberno central con floreros”.

Así o dixo logo que no debate dunha pregunta oral sobre trata de mulleres, na Comisión de Política Social do mércores, a representante do PP sinalar que “non queremos gobernos – florero, non queremos mulleres que non fagan o que teñen que facer”. Pierres lamentou que as declaracións de onte “evidencian que o PP nin cre nin entende a loita pola igualdade de homes e mulleres”.

A responsable socialista explícalle ao PP que “o trato despectivo a un goberno, tildándoo de florero e sinalando explicitamente á maioría de mulleres supón no mellor dos casos unha torpeza e no peor un insulto inadmisible para tódalas mulleres que levan e levamos décadas loitamos pola igualdade”.

Amosou a súa “preocupación por que a aplicación de políticas de Igualdade estea nas mans de quen menos cre nela e de quen menos a practica”, e lembrou neste sentido que o Goberno galego ten que incrementar de forma substancial os orzamentos das políticas de Igualdade. Sinalou que “sen cartos non é posible poñer en marcha novas medidas ou accións, e non o pedimos nós, é unha demanda de urxencia das mulleres e de toda a xente implicada coa igualdade”.

Pierres advertiu que dende a folga das mulleres do pasado 8 de marzo, que foi cualificada de machista polos responsables do PP, non teñen tomado “ningunha medida significativa neste sentido, máis alá dun Plan de Conciliación e Corresponsabilidade que non é máis que un refundido das medidas xa postas en marcha.

Preguntou ademais “onde está Plan de Igualdade da propia administración autonómica”, xa que, remachou, “se un non fai os deberes na propia casa dificilmente se pode confiar en que asuma con eficacia as súas responsabilidades fora dela”.

Comentarios