"Bico con lingua" chega hoxe á Casa da Cultura do Milladoiro

"Bico con lingua" chega hoxe á Casa da Cultura do Milladoiro

Bicos con lingua engloba unha serie de sketchs a través dos que os actores Toño Casais e Arthur Trillo

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 5 de outubro, ás 21.00 horas, a representación da peza teatral Bicos con lingua, dirixida por Avelino González. 

A obra, interpretada por Toño Casais e Arthur Trillo, é un espectáculo en clave de comedia no que, a través de diversas situacións cotiás, se invita ao espectador a realizar unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega. As entradas, que poden adquirirse a través da Billeteira electrónica, teñen un custo de 5 euros, en tarifa xeral, e 2,5 euros na reducida.

Bicos con lingua engloba unha serie de sketchs a través dos que os actores Toño Casais e Arthur Trillo representan escenas da vida cotiá ante un espectador que se converte en testemuña do uso que facemos do galego no día a día. 

Así, ao longo dos cincuenta e cinco minutos que dura a obra, búscase que o público, ademais de pasalo ben, salga con gañas de redescubrir a lingua galega e a súa riqueza.

Esta peza, elaborada por nomes tan coñecidos como Avelino González, Cándido Pazó, Xavier Lama, Suso de Toro, Ana Iglesias, Núñez Singala e Marta Echeverría; nace dun sentimento de amor cara o galego. Por iso, a través da comedia, pretende facer partícipes aos espectadores do problema real polo que está a pasar esta lingua, que se fai visible na nosa relación con esta lingua.

Así, esta obra, coa que a compañía Talía Teatro está recorrendo Galicia con gran éxito, chega á Casa da Cultura do Milladoiro este venres, 5 de outubro, ás 21.00 horas, destinada a un público adulto. 

Comentarios