Xornada de transición nas últimas horas de sol en Compostela

Xornada de transición nas últimas horas de sol en Compostela

En Compostela a temperatura mínima será de 13º e a máxima de 25º

O venres teremos unha xornada de transición entre as altas e as baixas presións, con ventos de compoñente oeste que aportarán moita humidade á franxa costeira. 

Con esta situación, os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados en xeral, agás no litoral atlántico onde as brétemas entrarán co avance do día. 

As temperaturas sufrirán un descenso máis acusado nas provincias atlánticas. En Compostela a temperatura mínima será de 13º e a máxima de 25º.

O vento soprará frouxo de compoñente oeste.

Comentarios
Lo más