Nais e pais do CEIP de Roxos convocan unha manifestación para demandar un profesor máis de educación infantil

Nais e pais do CEIP de Roxos convocan unha manifestación para demandar un profesor máis de educación infantil

A ANPA entrevistouse o pasado mes coa inspectora e o inspector xefe e rexeitaron a solicitude dos pais

O CEIP de Roxos iniciou o seu curso escolar con 27 rapaces na aula de 6º curso de Educación infantil, varios deles con necesidades educativas especiais.

Tal como publicou anteriormente COMPOSTELA24HORAS a situación perxudica o ensino de calidade que as familias queren para os seus fillos e fillas.

O pasado mes de agosto o inspector que estaba asingado ao centro falou cos pais e nais para comunicarlles que para o presente curso se faría efectivo un desdobre dadas as circunstanias excepcionais da aula. Finalmente, este desdobre non se puido facer debido a que a profesora nomeada non é especialista en Educación Infantil.

A ANPA entrevistouse o pasado mes coa inspectora e o inspector xefe e rexeitaron a solicitude dos pais.

A problemática é tan insostible que os pais e nais do CEIP de Roxos convocan unha manifestación para o vindeiro 9 de outubro ás 16:30 horas, no cruce entre a estrada de Noia coa rúa Nabal ata o centro escolar para demandar á administración a dotación dun mestre de educación infantil.

Comentarios