Concertos da Escola Municipa de Música na Aula Hospitalaria do CHUS

Concertos da Escola Municipa de Música na Aula Hospitalaria do CHUS
Concertos da Escola Municipa de Música na Aula Hospitalaria do CHUS

A Aula Hospitalaria do CHUS incorporarase tamén á rede de centros que participan na campaña de animación á lectura

O Concello vén de incorporar a Aula Hospitalaria do CHUS ao circuíto de centros que visita o persoal da Escola Municipal de Música para os seus concertos didácticos en base a un acordo coa dirección da Aula, dependente do Ministerio de Sanidade e xestionado pola Xunta de Galicia. Estas visitas darán comezo a principios do ano que vén.

Así, os nenos e nenas que están hospitalizados no Hospital Clínico poderán recibir clases maxistrais dos instrumentistas da Escola que tamén tocarán algunhas das pezas sobre as que traballan durante o curso. O acordo inclúe que algunha agrupación da Escola poida ir mensualmente a tocar para os rapaces e rapazas.

Ademais, a Aula Hospitalaria do CHUS incorporarase tamén á rede de centros que participan na campaña de animación á lectura, con contacontos acompañados de música. Ata alí se achegaron hoxe o edil de Educación, Manuel Dios, e o director da Escola Municipal de Música, Fernando Rei. 

Comentarios
Lo más