Volven a chuvias a Compostela

Volven a chuvias a Compostela

En Compostela a mínima acadará os 12º e a máxima 19º

O sábado unha fronte fría chegará a Galicia, con entrada de aire frío que levará a un significativo descenso das temperaturas. 

Con esta situación, durante as primeiras horas do día os ceos estarán parcialmente cubertos e co avance da xornada comezarán as chuvias que se estenderán de norte a sur. 

As temperaturas descenderán, especialmente as máximas que sufrirán un notable descenso. En Compostela a mínima acadará os 12º e a máxima 19º.

Os ventos soprarán frouxos no interior, moderados na costa, do sudoeste pola mañá, do norte pola tarde tralo paso da fronte, rolando a nordés pola noite.

Comentarios