Ames abre a convocatoria para participar no concurso radiofónico de teatro lido "Desata a lingua!"

Ames abre a convocatoria para participar no concurso radiofónico de teatro lido "Desata a lingua!"

Está dirixido ao alumnado dos centros de ensino do Concello de Ames que estea matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO

O Concello de Ames organiza a oitava edición do Concurso radiofónico de teatro lido de Ames, Desata a Lingua!!, dirixido ao alumnado dos centros de ensino do Concello de Ames que estea matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. A temática será libre, aínda que se valorará que estea relacionada con temas de actualidade. A participación pode ser en grupos formados por entre 2 e 4 persoas. 

As inscricións pódense realizar no IES de Ames (Bertamiráns), no IES do Milladoiro ou no colexio Alca ata o 19 de outubro (incluído). 

A entrega de premios realizarase nun acto público o 21 de decembro no que se darán a coñecer os gañadores do certame. Nesta gala repartiranse un total de 600 euros, divididos en tres premios dotados con 200 euros cada un.

Nesta iniciativa, organizada polos departamentos de Normalización Lingüística, Comunicación e Mocidade, poderá participar todo o alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4ºda ESO dos centros de ensino do Concello de Ames. Participarase en grupos formados por entre 2 e 4 persoas. Todos os grupos deberán ter un/unha representante (profesorado ou calquera outra persoa adulta) co fin de coordinar coa organización as datas da formación e da gravación.

Os textos estarán en lingua galega. A temática será libre, aínda que se valorará que estea relacionada con algún tema de actualidade. O texto poderá ser de creación propia ou unha adaptación/recreación dun texto de autor. 

O tempo estimado de emisión para cada unha das pezas estará entre os 3 e os 5 minutos. A inscrición dos participantes realizarase no IES de Ames (Bertamiráns), no IES do Milladoiro ou no colexio Alca, a través do equipo de dinamización lingüística e utilizando a ficha de inscrición que se facilita. O prazo para inscribirse remata o 19 de outubro (incluído).

Comentarios