Extinguido tres incendios e controlado o de Muíños que leva arrasado 20 hectáreas

Extinguido tres incendios e controlado o de Muíños que leva arrasado 20 hectáreas

Quedou extinguido o lume no concello de Nogueira de Ramuín, parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, que afectou 173,13 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais que se están a dar con especial virulencia na provincia de Ourense

CONTROLADO Muíños

Controlado ás 16,55 h. desta tarde o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22,05 h. e afecta 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballado neste lume 14 axentes, 32 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

EXTINGUIDO Nogueira de Ramuín

Extinguido ás 20,46 h. o lume no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, que comezou o xoves ás 21,10 h en tres puntos distintos. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 173,13 hectáreas, das cales 32,26 son de monte arborado e 140,87 de monte raso. Na súa extinción traballaron 2 técnicos, 8 axentes, 34 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 1 avión.

EXTINGUIDO A Gudiña

Extinguido ás 20,45 h. de hoxe o lume con dous focos que comezou onte ás 20,28 h. no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 36,56 hectáreas, das cales 5 son de monte arborado e o resto de raso. No lugar mobilizáronse 10 axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.

EXTINGUIDO Verín

Extinguido ás 20,30 h. o lume rexistrado no municipio de Verín, parroquia de Ábedes, que comezou onte ás 17,11 h. Segundo as últimas estimacións afecta 37,1 hectáreas, das cales 17,1 son de monte arborado e o resto de raso. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 8 axentes, 17 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

Comentarios