CxG urxe que comecen as obras da pasarela do CEIP de Fontiñas

CxG urxe que comecen as obras da pasarela do CEIP de Fontiñas

A obra, orzamentada en 165.000 euros, e que debería ter comezado en decembro de 2017, vai camiño de levar un ano de retraso

A formación galeguista local de Compromiso pregunta cando van comezar as obras da pasarela do CEIP de Fontiñas, que foi licitada hai máis dun ano. Con esta actuación preténdense comunicar as seccións de infantil e primaria, evitando que o alumnado se molle, principalmente para acceder ao comedor.

A obra, orzamentada en 165.000 euros, e que debería ter comezado en decembro de 2017, vai camiño de levar un ano de retraso sen que o concelleiro de educación dea ningunha explicación sobre esta situación.

Dende a formación galeguista apuntan tamén a demora que están tamén están a sufrir outros centros educativos da cidade, como o de Quiroga Palacios, de Conxo, que dende fai anos demandan a ampliación do parque infantil; ou o de Rodríguez Xixirei, en Lavacolla, na edificación do edificio de usos múltiples, que será usado en horario escolar polo alumnado e polo vecindario fóra do horario lectivo. Tampouco nestes casos se dan explicacións dende a concellería de educación.

“A área de Educación é a grande materia pendente deste goberno municipal”.

Comentarios