A OVA organiza unha nova edición do curso de español para estranxeiros

A OVA organiza unha nova edición do curso de español para estranxeiros

O vindeiro martes, 9 de outubro, arranca unha nova edición do curso de español para estranxeiros, que, por sétimo ano consecutivo, será impartido pola voluntaria Matilde Fernández

O Concello de Ames, a través da súa Oficina de Voluntariado (OVA), pon en marcha unha nova edición do curso de español para estranxeiros. A actividade comezará o vindeiro martes, 9 de outubro, e será impartida un ano máis por Matilde Fernández. 

A inscrición no curso, dirixido sobre todo a persoas residentes no concello cuxa lingua materna non sexa o castelán ou o galego, pode realizarse na Oficina de Voluntariado de Ames, situada na Casa da Cultura do Milladoiro ou de Bertamiráns.

O vindeiro martes, 9 de outubro, arranca unha nova edición do curso de español para estranxeiros, que, por sétimo ano consecutivo, será impartido pola voluntaria Matilde Fernández. Asemade, a actividade terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns todos os martes e xoves, en horario de 12.00 a 14.00 horas, entre os meses de outubro de 2018 a finais de xuño do 2019. 

O obxectivo desta iniciativa, que nas anteriores edicións gozou de gran demanda, é a de ofrecer un apoio lingüístico a todas aquelas persoas que residen no concello pero non teñen o castelán ou o galego como linguas maternas. Por este motivo, o temario tentará axustarse ao nivel de castelán dos alumnos e alumnas. 

Comentarios