Nova victoria para o equipo Estrela Vermelha

Nova victoria para o equipo Estrela Vermelha

O resultado final foi de 6-21 (39) a 0- 05 (5) a favor do equipo compostelán

A Liga Galega 2018/19 arrancou en Compostela este domingo como partido que pechaba a segunda xornada. No campo enfrontábanse os locais, o Estrela Vermelha de Compostela e os Braithreachas da Estrada. 

Xa desde o inicio o encontro inclinouse claramente cara o equipo local que, a pesar da lesión dun dos seus xogadores, tirou de veteranía para encarrilar o partido desde os primeiros compases.

Non foi o partido máis dinámico da xornada, mais si que houbo mostra do bo atino a paus por ambos conxuntos. O resultado final foi de 6-21 (39) a 0- 05 (5) a favor do equipo compostelán.

Non haberá gaélico na capital galega até dentro dunhas semanas, posto que no seguinte fin de semana hai descanso e o posterior coincide co torneo internacional de Maastricht ao que acudirán Irmandinhos da Estrada e o propio Estrela Vermelha tanto en categoría masculina como feminina.

Comentarios
Lo más