"Monster Rock" e "Naviland" chegan a Santiago

"Monster Rock" e "Naviland" chegan a Santiago

Hoxe martes 9 de outubro, ás 10.40 h, terá lugar a súa presentación aos medios cunha rolda de prensa na Sede Afundación de Santiago de Compostela

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá nas cidades de Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra os espectáculos musicais para público familiar Monster rock. Una historia musical terrorífica e Naviland. El lugar donde viven los Reyes Magos. Hoxe martes 9 de outubro, ás 10.40 h, terá lugar a súa presentación aos medios cunha rolda de prensa na Sede Afundación de Santiago de Compostela. Nela intervirán Miguel Ángel García, xerente de Sketch Eventos, e Ana Salgado, coordinadora da Sede Afundación de Santiago de Compostela.

Monster rock. Una historia musical terrorífica poderase ver o 1 de novembro no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela. Un espectáculo musical protagonizado polos monstros o Home invisible, o Lobo, Frank, Vampi, o Profesor Hyde, Momi e Ghost para celebrar a festividade de Halloween dun xeito diferente e en familia.

Naviland. El lugar donde viven los Reyes Magos é o primeiro musical baseado nos Reis Magos e que toma as panxoliñas tradicionais como banda sonora. Ademais, ten unha finalidade solidaria e conta co patrocinio da Fundación Crecer Jugando e Radio Nacional de España. Poderase gozar deste espectáculo o día 4 de xaneiro no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela.

Comentarios