O club camaleón da Biblioteca Municipal de Brión inicia unha nova étapa, con actividades de animación todos os sábados do mes

O club camaleón da Biblioteca Municipal de Brión inicia unha nova étapa, con actividades de animación todos os sábados do mes

Trátase dunha actividade de animación a lectura gratuíta para nenos e nenas de 3 a 8 anos de idade, acompañados por unha persoa adulta

O Concello de Brión retoma un ano mís as actividades do Club Camaleón, unha actividade de animación á lectura da Biblioteca municipal de Brión dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos de idade acompañados dun afulto. Unha iniciativa que este ano chega cheo de novidades, debido ao seu éxito durante o curso pasado.

A partir do 20 de octubro e ata finais de ano, todos os sábados terá lugar unha sesión do Camaleón na biblioteca municipal. Unhas sesións que comezarán ás 12:00 horas e rematarán, aproximadamente, ás 13:15 horas na sala infantil da biblioteca.

As inscricións son totalmente de balde, polo que as persoas interesadas en participar xa poden tramitala persoalmente na biblioteca ou chamando ao 981 50 99 69.

Comentarios