Novo minuto de silencio pola última vitima de asasinato machista

Novo minuto de silencio pola última vitima de asasinato machista

O alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación participaron neste acto

A praza do Obradoiro acolleu onte un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido na localidade de San Joan Les Fonts, en Girona.

O alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada. 

Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

Comentarios