TapTeo xa ten a súa tapa gañadora do concurso

TapTeo xa ten a súa tapa gañadora do concurso

A clientela e o xurado decidiu que o mellor petisco desta edicióin foi o Bao de vaca do Restaurante Asador O Carmelo

O concurso de petiscos TapTeo, celebrado na segunda quincena de setembro en dezaoito establecementos de restauración, rematou cunha decisión unánime. A clientela e o xurado decidiu que o mellor petisco desta edicióin foi o Bao de vaca do Restaurante Asador O Carmelo. "Trátase da fusión entre o coñecido “bocadillo rueiro de Taiwan” e a nosa carne de Vaca Galega criada na nosa propia leira. Gua bao, carne de vaca, kimchi, jalapeño..." segundo explicaban dende o establecemento.

O TapTeo tiña dous premios ao primeiro e segundo mellor petisco, unha valoración que sae da media da puntuación da primeira quenda de xurado e das que marcaron os clientes nos pasaportes selados e depositados nas urnas dos locais. O segundo mellor petisco foi a Luriña rechea de mariscos do Restaurante Parada de Francos. Neste caso presentábase unha luriña en tinta de sepia rechea de carne de boi de mar e centola da ría con pan de tinta de sepia

Esta edición do concurso contou con dous xurados. O primeiro deles estivo formado por Miguel Pampín, Jesús Sordo e Rafael Ferreira e o segundo por Manuel Gago e Adega Gonzalo. Precisamente este segundo xurado, que valorou só cinco petiscos, tamén coincideu en que a mellor elaboración era o Bao de vaca do Asador O Carmelo.

Conchi García, concelleira de Tursimo, agradece "o traballo desinteresado das persoas que formaron parte do xurado". Destaca que "é importante complementar a opinión da clientela coa valoración de persoas expertas no tema da gastronomía para seguir mellorando na nosa oferta" .

Comentarios