Expectación no arranque do plan Ribeira move con decenas de veciños obtendo a súa tarxeta moedeiro na terminal de autobuses

Onte comexzou a funcionar o plan de fomento do transporte público

Decenas de veciños do municipio acudiron xa dende antes das 10.30 horas de onte á terminal de autobuses do Malecón co fin de obter a súa tarxeta moedeiro con motivo do arranque do programa de fomento do transporte público RIBEIRA MOVE: o plan subvencionado polo Concell polo cal todas as viaxes regulares en autobús polo termo municipal ou á Pobra co grupo Ferrín ten un custe de 1 euro.

A iniciativa inclúe tamén unha segunda tarxeta moedeiro destinada aos alumnos dos IES Número 1 e Leliadoura e o CIFP Coroso. No seu caso, cada viaxe costará 0,67 euros (independentemente de se se emprega para acudir a un centro educativo ou a outro destino) e pódese empregar de luns a venres.

para obter calquera das dúas tarxetas moedeiro (a azul dirixida a calquera cidadán ou a verde de carácter escolar) hai que dirixirse ao despacho de billetes da terminal de autobuses no seguinte horario: luns a venres de 10:30 a 12:00 horas, 19:30 a 20:30 horas. A recarga pódese facer no propio vehículo.

Comentarios
Lo más