Goretti Sanmartín defenderá no Pleno un plan para iluminar o campus e unha campaña para evitar situacións de acoso contra as mulleres

Goretti Sanmartín defenderá no Pleno un plan para iluminar o campus e unha campaña para evitar situacións de acoso contra as mulleres

Unha vez detectados os lugares compre actuar para atallar estes comportamentos ofensivos

A Portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, presentou unha moción destinada a condicionar e iluminar os lugares detectados que entrañan perigo para evitar as situación de acoso sexual que se producen nos campos universitarios, co obxectivo de avanzar no dereito á movilidade segura. Proporá tamén unha campaña, en colaboración coa USC e colectivos feministas, para disuadir deses comportamentos ofensivos coas mulleres.

Esta iniciativa do BNG vai na liña de que as mulleres deberán ter o dereito á movilidade segura "e correspondelles ás administracións en colaboración coas institucións universitarias, nesta caso, adoptar as medidas necesarias para frear esta situación co fin de que non vexan limitada a súa autonomía para asistir actividades, practicar deporte, pasear e estar o aire libre, sexa día ou noite sen estar condicionadas pola escuridade e o medo a seren agredidas sexualmente", sinalou.

Reclamará tamén que o concello de Santiago de Compostela en colaboración coa USC e colectivos feministas, realice unha campaña de sensibilización para disuadir destes comportamentos ofensivos contra as mulleres, así como a instalación de paneis cos números de teléfono de atención a violencia machista e a emerxencias, ademais de prestar apoio e asistencia específica a persoas q padezan situacións de acoso e agresión sexual neste ámbito.

Comentarios