O BNG presentará unha moción para trasladar a demanda do CEIP de Roxos

O BNG presentará unha moción para trasladar a demanda do CEIP de Roxos

Co fin de que dispor dunha escola inclusiva e de calidade consideran necesaria dotala dos recursos humanos e materiais necesarios

A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, presentou unha moción para trasladarlle á Xunta a demanda da comunidade educativa do CEIP de Roxos para asignar máis profesorado co fin de poder desenvolver o proxecto educativo deste centro.

A asociación de nais e pais do Centro de ensino de infantil e primaria de Roxos emprendeu mobilizacións co obxectivo de reclamar máis profesorado por mor da masificación dunha das aulas, que conta con 27 escolares e varios casos de necesidades educativas especiais.

Co fin de que dispor dunha escola inclusiva e de calidade consideran necesaria dotala dos recursos humanos e materiais necesarios para atender de xeito acaído as crianzas con diversidades funcionais coa pretensión de favorecer a súa integración na aula para que isto sexa enriquecedor para o alumnado no seu conxunto.

MOVILIZACIÓN NO DÍA DE ONTE

Os pais e nais do CEIP de Roxos manifestáronse onte á tarde para reivindicar a necesidade dun profesor máis de educación infantil para desdobrar unha clase do centro educativo.

"Estamos aquí porque a todos nos une unha ocupación común: o ensino público de calidade, que garante a educación plena dos nosos fillos e fillas. E isto non é posible cunha aula de 27 alumnos de catro e cinco anos, con varios cativos que precisan unha atención constante e individualizada, con ritmos de aprendizaxe distinto, que requiren metodoloxías e recursos específicos, e un clima de aula sosegado, que permita darresposta real as necesidades de cada un, Unha aula tan numerosa, condiciona as posibilidades de desenvolvemento dos cativos/as, limitando que cada un dos alumnos/as o faga ao seu ritmo e coas súas posibilidades" afirmaron nun manifiesto que leron nas portas do colexio.

Comentarios