As comisión informativas abordaron diferentes temas económicos para a inversión en obras

As comisión informativas abordaron diferentes temas económicos para a inversión en obras

Abordouse o suplemento de crédito 2/2018, de 214.188,37 euros, para executar 6 proxecto de pavimentación de rúas e camiños, así como para a mellora dun parque infantil do Milladoiro

Este pasado venres, 5 de outubro, celebrouse unha comisión informativa previa ao pleno extraordinario deste mércores. En dita comisión abordáronse tres temas de índole económico. Abordouse o suplemento de crédito 2/2018, de 214.188,37 euros, para executar 6 proxecto de pavimentación de rúas e camiños, así como para a mellora dun parque infantil do Milladoiro. 

Tamén se tratou a transferencia de crédito 10/2018, por valor de 75.000 euros, para realizar 10 obras incluídas nos Orzamentos Participativos de 2018. Por último, falouse da modificación do anexo de investimentos do Orzamento de 2018, para recoller 20 actuacións, que se executarán con cargo á partida orzamentaria de Orzamentos Participativos, e 6 que se sufragarán con cargo ao superávit do 2017.

O primeiro punto tratado foi o suplemento de crédito 2/2018. Neste caso proponse aprobar a aplicación do superávit do exercicio 2017, integrado no remanente de tesourería para gastos xerais, a investimentos financeiramente sustentables, por valor de 214.184,92 euros. 

Deste xeito, con dita contía, preténdese executar os seguintes proxectos: pavimentación do acceso a Punxeiras Baixas, Ortoño (46.438,66 euros); pavimentación da rúa do Paraxó, en Bertamiráns, e do camiño Punxeiras Baixas-Condomiña, Ortoño (39.614,94 euros); pavimentación do acceso da AC-543 a Lamas, Ames (24.325,63 euros); pavimentación da rúa paralela a rúa do Rego, que está próxima ao Cuartel da Garda Civil, e acceso a Casanova (37.082,25 euros); pavimentación do acceso a Biduído de Arriba (47.877,74 euros); e substitución do chan do parque infantil de Estivada de Castelao, no Milladoiro (18.845,70 euros).

Outro dos puntos tratados foi a modificación do anexo de investimentos do orzamento de 2018. En dito anexo incluíase o proxecto denominado Orzamentos Participativos 2018. No momento da aprobación dos orzamentos, as actuacións non estaban concretadas, polo que é necesario modificar dito anexo para incluír os proxectos que foron aprobados pola Comisión de Orzamentos Participativos. 

Asemade, ao destinar o superávit do 2017 a investimentos financeiramente sostibles é necesario modificar o anexo de investimentos ao non atoparse as inversións previstas no orzamento municipal. Polo tanto, a presente modificación do anexo de investimentos 2018 comprende as inversións financeiramente sostibles co cargo o superávit 2017 e a identificación das actuacións dos Orzamentos Participativos 2018.

Deste xeito, haberá que aprobar inicialmente, se procede, o expediente de modificación do anexo de investimentos do vixente orzamento 2018, para incluír as actuacións que corresponden, nuns casos aos Orzamentos Participativos 2018 (unha vez definidos), por importe de 182.000,00 euros, e noutros á incorporación de investimentos financeiramente sustentables financiados co superávit 2017, por importe de 214.184,92 euros, o que fai un total de 396.184,92 euros.

Comentarios