A oposición "afea" o discurso de Feijóo no Debate sobre o Estado da Autonomía

A oposición "afea" o discurso de Feijóo no Debate sobre o Estado da Autonomía
A oposición "afea" o discurso de Feijóo no Debate sobre o Estado da Autonomía

Pontón calificou de "Terminator" a Feijóo no seu discurso

A oposición na súa totalidade calificou de "falta de verdade" o discurso de Feijóo no discurso sobre o Debate da Autonomía. O presidente da Xunta fixo un repaso sobre a situación de Galicia neste último ano e ademáis adiantou algunhas das liñas maestras que seguirá o executivo galego de cara os vindeiros anos

VILLARES: "TODA A AUGA ESTABA NAS FOTOS CO NARCO MARCIAL DORADO"

Luís Villares, arrancou a súa intervención no Debate do estado da Nación lembrando a morte dunha persoa no PAC da Estrada o pasado 4 de agosto sen asistencia sanitaria a causa do caos organizativo da Xunta que non foi quen de prover os mínimos sanitarios marcados por lei. 

“Pero non foi un caos, é unha política planificada da Consellería que precariza as condicións laborais para aforrar custos, como se fose unha empresa e como se os cidadáns fósemos mercadoría. Esa tarde aforraron 300 euros, pero costaron unha vida” denunciou o voceiro de En Marea.

O voceiro de En Marea sinalou dúas teimas de Feijóo “na súa obsesión enfermiza por se posicionar na carreira sucesoria de Rajoy” como foron por unha banda “apertar, non o cinto senón a soga no pescozo, ata afogarnos, figurando como o campión estatal do neoliberalismo e “deixarnos a nosa sorte, sen proxecto de país, renunciando mediante unha sonada afonía a reclamar o que nos corresponde á cidadanía galega con silencios atronadores en materia de financiamento autonómico, ferrocarril, conexións portuarias ou AP 9”.

“Nin a súa submisión a Madrid nin o seu neoliberalismo autoritario lle valeron o favor da Corte. Quería vostede facer de Galicia o seu trampolín, pero na piscina non había auga. Toda a auga estaba nas fotos que o relacionaban co narcotraficante Marcial Dorado. Non o querían porque ese pasado era bochornoso mesmo para o Partido Popular” remarcou Luís Villares. 

LEICEAGA: "MOITOS ANOS DE PASIVIDADE"

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, lamentou que a primeira intervención do presidente da Xunta no Debate do Estado da Autonomía ofrecera un “exercicio continuísta a partir dun balance que falsea a realidade”. Criticou que “mira para outro lado diante doas grandes dificultades que viven amplos espazos da sociedade”.

O responsable socialista apuntou que o presidente da Xunta ofrece “un ano perdido” logo de “moitos anos de pasividade” baixo o goberno de Feijóo “en relación coa modernización e a inclusión social”. Sinalou que en asuntos como o emprego e a sanidade, perde a oportunidade de “amosar unha vontade reformista real” diante dos “déficits moi notables” que apuntan logo de 9 anos de goberno de Feijóo.

Explicou que o seu “balance optimista” en relación co mercado do traballo “non se corresponde coa realidade” cando hai 90.000 empregos menos dos que Galicia tería de manter a media de creación de emprego do Estado. A sociedade galega padece dunha “precariedade inaceptable” e a “gran dificultade” de incorporar á mocidade ao mercado laboral en boas condicións.

Tamén “distorsiona a realidade” con relación ao sistema sanitario, presentando un balance triunfalista logo de 9 anos de privatizacións que provocan “problemas como o de Vigo”, co hospital Povisa en preconcurso de acredores. Lembrou que a precariedade na contratación sanitaria supera o 20 por cento, e padece unhas listas de espera “inaceptables e aumentando nos últimos tempos”.

PONTÓN CALIFICOU DE "TERMINATOR" A FEIJÓO

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo balance do último ano do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sintetizando a súa figura de --cualificou-- "'Terminator' de Galicia" en: emprego-insuficiente, sanidade-deteriorada, educación-recortada, pesca-reducida, agro-empobrecido, medio ambiente-contaminado, igualdade-exigua, lingua-precaria e goberno-paralizado. 

É por iso que Ana Pontón recomendou a Feijóo darlle "un día libre ao seu chofer" para pasearse pola rúa e coñecer os problemas da xente, tras o que tamén quixo lanzar unha mensaxe en positivo ao proclamar: "Outra Galicia é posible, con poder económico e poder político". 

"Fágame caso, señor Feijóo! Pise máis a rúa e escoite á xente", instou a dirixente nacionalista, quen con iso arrincou os aplausos dos seus deputados. Así, a tamén portavoz nacional do Bloque lamentado o que denominou a " postverdad" de Feijóo. 

Como exemplo diso que anuncie baixadas de impostos e "non aclare cantos médicos vai suprimir ou cantos profesores deixará de contratar", ou que "se indigne polo diselazo, cando multiplicou por catro o imposto ao gasóleo". "É postverdad que nos diga que lle quita lastres a Galicia cando incrementou a débeda un 270 por cento; é postverdad que diga que por culpa de Pedro Sánchez non hai teito de gasto: o ano pasado aprobouno e tampouco estaba aprobado polo Goberno de Rajoy", aseverou Pontón, quen lle afeou o seu "partidismo cutre". 

Tamén lle reprochou a "indecencia política de dicir que a sanidade nunca estivo mellor", despois de que un home falecese no Punto de Atención Continuada (PAC) da Estrada este verán. De feito, nas súas palabras ao presidente tamén criticou a situación da sanidade, a " escabechina" en educación e as listas de espera para acceder a unha residencia pública de maiores.

Comentarios
Lo más