Fin da estabilidade de cara as chuvias do xoves

Fin da estabilidade de cara as chuvias do xoves

En Compostela a mínima acadará os 9º e a máxima ata os 22º

O mércores Galicia irá perdendo a influencia do anticiclón debido ao achegamento dunha borrasca polo oeste que enviará unha fronte fría ao final do día. 

Con esta situación, amenceremos cos ceos despexados e co avance do día entrarán as nubes polo litoral oeste. 

As chuvias comezarán cara as últimas horas pola franxa atlántica, sendo especialmente intensas na provincia de Pontevedra e sur da provincia da Coruña.

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios e as máximas descenderán lixeiramente. En Compostela a mínima acadará os 9º e a máxima ata os 22º

O vento soprará de compoñente sur, frouxo pola mañá aumentando a forte á noite en todo o litoral atlántico.

Comentarios