As demandas de ruptura matrimonial aumentan en Galicia un 8,4% fronte o ano pasado

As demandas de ruptura matrimonial aumentan en Galicia un 8,4% fronte o ano pasado

Estes datos deben interpretarse, tendo en conta a folga de funcionarios que desde febreiro ata maio afectou ao normal funcionamento da Administración de Xustiza en Galicia

O número de demandas de ruptura matrimonial presentadas en Galicia no segundo trimestre do ano foi de 1717, fronte ás 1584 que se rexistraron no mesmo período do ano pasado, o que supón un aumento do 8,4%, fronte ao 1,7% de incremento de media estatal. Estes datos deben interpretarse, tendo en conta a folga de funcionarios que desde febreiro ata maio afectou ao normal funcionamento da Administración de Xustiza en Galicia.

Segundo os datos feitos públicos hoxe pola Sección de Estadística do Consello Xeral do Poder Xudicial, na comunidade aumentan os divorcios acordados (de 857 no ano 2017 a 979 no segundo trimestre deste ano, o que supón un incremento do 14,2%), mentres que se manteñen os contenciosos (de 668 a 665, un 0,4% menos). En relación ásseparacións acordadas, pasaron de 45 a 50 no segundo trimestre do ano, mentres que as non acordadas subiron de 14 a 23. Neste período contabilizáronse dúas peticións de nulidade matrimonial.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 256 demandas de modificación de medidas acordadas, fronte ás 265 do segundo trimestre de 2017, o que supón un descendo do 3,3%.

Comentarios