O Colexio de Avogados, a Deputación da Coruña e a USC firman un convenio de colaboración para a realización das prácticas do Master en Avogacía

O Colexio de Avogados, a Deputación da Coruña e a USC firman un convenio de colaboración para a realización das prácticas do Master en Avogacía

O convenio ten un contido económico duns 50.000 euros, que servirán para financiar as prácticas dos alumnos

O decano do Colexio de Avogados de Santiago, Francisco Rabuñal, asinou un convenio co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López, para a realización das prácticas do Master en Avogacía nos concellos da provincia.

Os alumnos en prácticas da Escola de Práctica Xurídica da USC estarán nos departamentos de Urbanismo e realizarán diferentes estudos, informes e escritos, así como tamén traballarán na xestión de expedientes para coñecer o traballo diario nas institucións locais.

O convenio ten un contido económico duns 50.000 euros, que servirán para financiar as prácticas dos alumnos.

Comentarios