Propoñen á apertura do aparcadoiro exterior de As Cancelas para solucionar as carencias do CEIP Montes dos Postes

Propoñen á apertura do aparcadoiro exterior de As Cancelas para solucionar as carencias do CEIP Montes dos Postes

Con esta medida contribúese ademais a reducir o tránsito de vehículos xusto no acceso do colexio para ofrecer unha contorna segura aos nenos e nenas

O grupo municipal do BNG defenderá no Pleno unha iniciativa para estabelecer un concerto co centro comercial As Cancelas para abrir a zona de aparcadoiro exterior durante o tempo de entrada ao CEIP Monte dos Postes.

Deste xeito, quérese contribuír a evitar os problemas de afluencia de vehículos que non dispoñen de suficientes prazas de estacionamento nese lugar e de ofrecer unha contorna segura aos nenos e nenas.

Na actualidade existe un problema derivado da falta de prazas de aparcadoiro nas inmediacións do CEIP Monte dos Postes, como acontece en diversos centros de ensino da cidade.

Nalgúns destes, como o Lasalle, optouse por concertar un sistema de estacionamento entre a ANPA e o aparcadoiro do mesmo nome para obteren 15 minutos de balde nos horarios de entrada e saída de escolares.

Comentarios
Lo más