Os Populares piden ao Goberno municipal información sobre as xestións do vertedoiro de Grixoa

Foto de archivo
Os Populares piden ao Goberno municipal información sobre as xestións do vertedoiro de Grixoa

Para os Populares, o proceder do Concello resulta cando menos confuso, xa que acorda desistir do procedemento de anulación da licenza municipal de obras destas instalacións de Grixoa, e, tamén, abre un novo expediente sobre a declaración previa de inicio da actividade na planta de Miramontes

O Grupo Municipal Popular preguntará novamente ao Goberno de Martiño Noriega sobre acordos aprobados no Pleno, que "seguen a ser esquecidos por Compostela Aberta". 

Nesta ocasión, o Grupo que dirixe Agustín Hernández reclámalle información sobre qué actuacións e qué resultados obtiveron, en relación cos acordos unánimes acadados en xuño de 2017 e en febreiro de 2018, co fin de controlar a actividade asociada ao vertedoiro de Grixoa.

Os populares se fan eco das irregularidades denunciadas pola veciñanza e considera necesario "adoptar as medidas precisas para a súa minoración ou, se fose o caso, o cesamento de ditas accións".

Como ten sucedido numerosas veces neste mandato de Martiño Noriega, os asuntos aprobados en Pleno “non teñen a importancia necesaria para ser tomados en consideración polo equipo de Goberno”.

Así, hai máis de ano e medio que se acordou por unanimidade adoptar unha serie de medidas para controlar a actividade asociada ao vertedoiro de Grixoa e, posteriormente, outro acordo unánime no mes de febreiro pasado, instaba ao Concello a emprender as xestións necesarias para a clausura dos tecnosolos a restauración da zona da canteira de Miramontes.

Para os Populares, con posterioridade a eses acordos, o "proceder do Concello resulta cando menos confuso", posto que, por unha parte, acorda desistir do procedemento de anulación da licenza municipal de obras destas instalacións de Grixoa, e, por outra e de forma simultánea, abre un novo expediente sobre a declaración previa de inicio da actividade na planta de Miramontes.

Comentarios
Lo más