Chuvias en Compostela durante a mañá

Chuvias en Compostela durante a mañá

En Compostela a mínima acadará os 11º e a máxima 19º

Despois do paso da fronte durante a madrugada, a primeiras horas teremos chuvascos que ocasionalmente poderían vir acompañados de aparato eléctrico; irán remitindo co avance da mañá, ao mesmo tempo que se irán abrindo grandes claros que predominarán nas horas centrais do día. 

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso mentres que as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente. En Compostela a mínima acadará os 11º e a máxima 19º.

O vento soprará frouxo de compoñente sur, aumentando a intensidade co avance do día ata acadar refachos fortes á noite no litoral da provincia da Coruña.

Comentarios