Lousame aprobará mañá xoves a saída a licitación do Servizo de Axuda no Fogar

Lousame aprobará mañá xoves a saída a licitación do Servizo de Axuda no Fogar

Cómprese así o anuncio realizado na sesión ordinaria da pasada semana pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde

O pleno de Lousame celebrará mañá xoves 11 de outubro, ás 20:30 horas, unha sesión extraordinaria cun único punto na orde do día: a aprobación, se procede, do expediente de contratación do Servizo de Axuda no Fogar, na modalidade de dependencia.

Cómprese así o anuncio realizado na sesión ordinaria da pasada semana pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, quen na quenda de rogos e preguntas adiantara que “estamos empezando a sacar a concurso os servizos de maior contía, como poden ser os do subministro eléctrico ou a escola de música. Temos pendentes outros como limpeza, telefonía ou o servizo de axuda no fogar, que traeremos este mes a pleno na súa modalidade de dependencia”.

Comentarios