Entregan os premios do TapTeo

Entregan os premios do TapTeo

A concelleira de Promoción Económica, Conchi García, que fixo entrega dos agasallos destacou o bo nivel dos petiscos participantes

O Concello acolleu a entrega dos premios do Concurso de petiscos TapTeo. No acto estiveron presentes os restaurantes distinguidos co premio ao primeiro e segundo mellor petisco, o Asador O Carmelo e a Parada de Francos respectivamente. Os dous recibiron un diploma que certifica esta distinción e un pequeno agarimo do Concello: catro botellas das adegas da DO Subzona do Ulla e un tarro de mel artesana. No caso do Asador O Carmelo, como tamén recibiu o premio especial do xurado este agasallo foi por duplicado.

E onte tamén foi o día no que os clientes que selaron o seu pasaporte en alomenos seis dos establecementos partidipantes recibiron os seis premios. O sorteo público entre os pasaportes que cumprían os requisitos fíxose a semana pasada. O primeiro premio foi para Sergio Arturo Celi Formoso e levou un abono anual para a piscina municial da Ramallosa, 24 botellas de Estrella Galicia, 24 botellas de sidra Maeloc, unha cafeteira de cápsulas e unha power bank.

O segundo premio foi para Noelia Pájaro García que recibiu unha cea con aloxamento e almorzo para dúas persoas nun establecemento de Teo, 24 botellas de Estrella Galicia, 24 botellas de sidra Maeloc e unha caixa Smartbox cunha experiencia dunha fin de semana.

O terceiro premio foi para Arturo Rodríguez Buela que gañou unha cesta de produtos do Mercado de Alimento Labrego; 24 botellas de Estrella Galicia, 24 botellas de sidra Maeloc e unha caixa de La vida es Bella.

A concelleira de Promoción Económica, Conchi García, que fixo entrega dos agasallos destacou o bo nivel dos petiscos participantes, extremo no que coincidiron os clientes gañadores. Dende os establecementos tamén se destacou a boa acollida que tivo o TapTeo entre a súa clientela e amosaron o seu interese por seguir participando neste tipo de eventos.

Comentarios