Medio cento de veciños asisten a charla sobre seguridade viaria en Carreira

Medio cento de veciños asisten a charla sobre seguridade viaria en Carreira

As próximas charlas terán lugar en Corrubedo (día 16, no centro social), Aguiño (día 18, na aula de música) e Artes (día 25, no Centro Recreativo

A Policía Local ofreceu na tarde do martes na Casa de Cultura de Carreira a primeira das catro charlas programadas para este mes noutras tantas parroquias do municipio.

Case medio centro de persoas acudiron a este evento (organizado coa colaboración da Asociación de Veciños de Carreira) e recibiron un chaleco reflectante. Foi impartida polo oficial José Luis Martínez.

As próximas charlas terán lugar en Corrubedo (día 16, no centro social), Aguiño (día 18, na aula de música) e Artes (día 25, no Centro Recreativo). Todas serán ás 20 horas e entregaranse chalecos reflectantes.

Comentarios