Miñones reúnese coa presidenta da asociación Anxiños para falar da Escola-fogar que se creará en Ames

Miñones reúnese coa presidenta da asociación Anxiños para falar da Escola-fogar que se creará en Ames

O seu obxectivo é promover a sensibilización social dos nenos e adolescentes con enfermidades mentais e das súas familias

O alcalde de Ames, Jose Miñones, e o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas, e Servizos Básicos, Blas García, mantiveron unha xuntanza con representantes da asociación Anxiños. A presidenta de dita asociación, Ruth Gómez, presentoulle o proxecto ao Concello que consiste na atención de nenos/as adolescentes con trastornos graves. 

O seu obxectivo é promover a sensibilización social dos nenos e adolescentes con enfermidades mentais e das súas familias. Onte, 10 de outubro, conmemorouse o Día mundial da saúde mental. Deste xeito, o Concello de Ames pretende colaborar con dita asociación na mellora das persoas con problemas de saúde mental.

A presidenta da asociación Anxiños, Ruth Gómez, presentoulle ao goberno o proxecto que van a desenvolver en Ames. Esta entidade chegou a un acordo co Arcebispado de Santiago para que lle cedan a casa reitoral de Santo Tomé de Ames para darlle un uso sociosanitario. O inmoble necesita unha reforma para adaptalo ao novo uso. Unha vez que estes traballos estean terminados, o edificio destinarase ao aloxamento de menores e tamén servirá como un lugar de apoio ás familias. 

Desde o goberno municipal trasladáronlle á presidenta da asociación a total colaboración do Concello, tanto presente como futura, e na liña que se mantén con outros entes sociais, na que o executivo amesán quere apoiar con axudas pola labor que desempeñan. 

Comentarios