Chega a Santiago a Copa Galicia de Ciclocross

Chega a Santiago a Copa Galicia de Ciclocross
Chega a Santiago a Copa Galicia de Ciclocross

Será mañá venres 12 de outubro ás 9:30 horas no estadio de San Lázaro

O circuíto do estadio de San Lázaro acollerá a segunda xornada puntuable do certame autonómico. O trofeo de ciclocross Rosón Asesores Tributarios , organizado polo Club Ciclista "Compostelano - Muebles Compostela ROSÓN asesores tributarios " nos terrenos aledaños o estadio San Lazaro é unha cita clásica do calendario e alcanza a súa XVIII edición que alcanzou mais de 400 participantes na ultima edicion con record de publico asistente que superou o milleiro de persoas. A proba tamén é puntuable, para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo ten carácter nacional..

Remarcar que o circuíto de 2.840 metros será "aínda máis atractivo tanto para os participantes como para que os que se acheguen a velo, grazas a algunhas modificacións que o dotarán dun perfil máis técnico e duro". Nese sentido, temos que recoñecer que a intención e que "o circuíto sexa máis similar ao que se atopan os ciclistas do equipo noso cando van competir noutras probas".

Dende o club que contara con cerca de unha vintena de corredores inscritos y que en alguna categoria temos obcion de podio incidimos en que este ano se quere aproveitar a proba do venres para "animar os santiagueses que se acerquen coñecer esta disciplina deportiva, que cada ano vai a máis" de 6 provas s fai 4 ou 5 anos 18 provas no 2018.

A expectativa de participantes sitúase ao redor dos 400 ciclistas.

Horarios

O programa de competición arrancará ás 09:30 horas coa carreira de Promoción. Ás 10:00 horas comezarán a rodar os masters-40 e 50/60. Ás 11:00 horas chegará a quenda para os masters-30 as 12 todalas feminas y todolos cadetes .13:00 elite e sub23 as Por último, ás 14:10 horas entragaranse os trofeos

Comentarios