Este sábado será o derradeiro día para visitar o Museo Casa de la Troya, que permanecerá pechado ata o vindeiro mes de marzo

Este sábado será o derradeiro día para visitar o Museo Casa de la Troya, que permanecerá pechado ata o vindeiro mes de marzo

Estes días visitaron o museo o presidente e o vicepresidente da Comisión de Festas do Centro Galicia de Buenos Aires

Este sábado, 13 de outubro, é o derradeiro día para percorrer a Casa de la Troya, que pechará as súas portas ao público ata o vindeiro 22 de marzo. A vella pensión de estudantes, que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela homónima de 1915, poderá visitarse este venres en o sábado en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Dende o Padroado Casa de la Troya e a Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya, fíxose un esforzo para abrir o maior número de días posible este verán, co fin de conmemorar o 25º aniversario do museo.

Estes días visitaron o museo Jesús Mosquera, presidente da Comisión de Festas do Centro Galicia de Buenos Aires, e Rafael Patiño, vicepresidente desta institución. Estiveron en Santiago con motivo da inauguración da exposición “Castelao Maxistral”, que poderá visitarse na Cidade da Cultura de Galicia ata o 3 de marzo de 2019. O director do Museo Casa de la Troya, Benigno Amor, acompañounos na visita e amosoulles, entre outras pezas, o exemplar dunha das primeiras edicións da novela La Casa de la Troya de Alejandro Pérez Lugín, que leva portada de Castelao, e faloulles do relevante papel que tivo o arxentino Otero Acevedo na Tuna Compostelana de finais do século XIX. Os visitantes asinaron con emotivas palabras no libro de honra do museo; e, ao remate da visita, foron agasallados con exemplares da novela e do CD Viva Galicia! A música no tempo de la Casa de la Troya, gravado recentemente pola agrupación musical do museo, Troyanos de Compostela.

Dende a Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos xa se están a traballar na vindeira temporada, na que queren facer especial fincapé nas visitas de colexios a partir da Semana Santa.

Comentarios