Despois de catro anos de parón, o concello de Ribeira recupera o grupo infantil de teatro

Despois de catro anos de parón, o concello de Ribeira recupera o grupo infantil de teatro

Aínda hai 4 prazas vacantes e os interesados poden matricularse ata o 31 de outubro no Centro Cultural Lustres Rivas (981 835 650)

Logo de abrir un período de preinscrición a finais de outubro para sondear a viabilidade de recuperar o Grupo Infantil de Teatro de Ribeira, o Concello vén de ratificar a boa acollida da iniciativa co cal retomará esta actividade despois de catro anos de parón.

Nestes momentos hai un total de 12 nenos e nenas apuntados (con idades de 7 a 12 anos) que comezarán as clases o vindeiro mércores 17 de outubro de 18.30 a 20 horas no Auditorio Municipal.

Aínda hai 4 prazas vacantes e os interesados poden matricularse ata o 31 de outubro no Centro Cultural Lustres Rivas (981 835 650). A matrícula ten un prezo único de 127,92 € para o curso dende o 17 de outubro de 2018 ata o 31 de maio de 2019 e os ensaios son os mércores de 18.30 a 20.00 h no Auditorio. O docente será Óscar Romero, director tamén do grupo afeccionado de adultos.

Comentarios