Xa se venderon 155 bonos para a mostra de teatro de Ribeira 2018

Xa se venderon 155 bonos para a mostra de teatro de Ribeira 2018

Aos 155 bonos expedidos hai que sumar outras 33 entradas individuais vendidas para esta función, polo que o número total de butacas ocupadas a dous días do evento é do 70% do aforo.

Con motivo desta edición da Mostra de Teatro de Ribeira, a Concellería de Cultura puxo en marcha un novo sistema de adquisición de entradas consistente na venta anticipada das mesmas a un prezo simbólico. “Esta era unha demanda que nos viñan facendo ano a ano moitos dos asistentes, e coa que tamén se busca evitar as saturacións no acceso ao auditorio, colas e mesmo discusións entre os espectadores acontecidas nas edicións anteriores mentres agardaban para recoller as entradas gratuítas”, sinalara a concelleira Herminia Pouso durante a presentación do cartel.

Da boa acollida da iniciativa dá fe o feito de que a día de hoxe sexan xa 155 os bonos vendidos que dan dereito a reservar unha butaca numerada para asistir ás nove representacións que compoñen a mostra (non se incluíu a da estrea co Grupo de Teatro Municipal): é dicir, practicamente o 60% dos asentos que compoñen o Auditorio Municipal.

Cómpre lembrar que tanto os bonos como as entradas individuais pódense mercar na Oficina de Atención Cidadá do Consistorio mediante pago con tarxeta. Os bonos custan 20€ e cada entrada individual, 3€.

Comentarios