Inicio da campaña de recollida de mel cunha diminución do 30% respecto da colleita anterior

Inicio da campaña de recollida de mel cunha diminución do 30% respecto da colleita anterior

Os apicultores acollidos ao CRIXP Mel de Galicia enfróntanse a un descenso na produción que, con todo, non afecta no máis mínimo aos estándares de calidade.

O inicio da campaña de recollida de mel na nosa comunidade confirma os prognósticos iniciais: un descenso na produción con respecto a anos anteriores. As diminucións estímanse nun 30% con respecto á colleita anterior, segundo avanzan dende o propio Consello Regulador Mel de Galicia. Neste ano atípico no que respecta á climatoloxía, cunha primavera excesivamente chuviosa e un verán extremadamente seco, os apicultores galegos enfróntanse a un descenso na recollida que, con todo, non afecta en absoluto a uns estándares de calidade que continuarán manténdose intactos. 

A cuantificación deste descenso con respecto á colleita do ano pasado se confirmarase a finais do ano con todalas declaracións de produción entregadas polos apicultores.

Reunión do pleno do Consello Regulador 

En pleno ordinario celebrado o martes 2 de octubro, tratouse a preocupación do sector ante este descenso na produción que non solo afectará aos produtores se non tamén ás envasadoras para atender a demanda do mercado. 

Esta situación levará a un aumento do prezo da mel en orixe. Por outro lado cos datos oficiais na man das declaracións de produción, celebrarase un pleno no que se revisarán os valores de produción e aplicarase a redución que corresponda nas cotas dos apicultores.


Comentarios