A agrupación de Protección Civil de Negreira recibe este ano unha axuda de 7000€ para a mellora de equipamentos

A agrupación de Protección Civil de Negreira recibe este ano unha axuda de 7000€ para a mellora de equipamentos

A Deputación da Coruña destina este ano un total de 7.797,73 € a apoiar á agrupación de Protección Civil de Negreira, dentro das axudas publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia para un total de dezaito agrupacións de Protección Civil, quenes reciben o apoio da Deputación para dotarse de novos equipamentos, entre aqueles concellos de menos de 20.000 habitantes.En total, a Deputación da Coruña inviste 110.486 euros en dúas liñas de axudas co obxectivo de “fomentar a importante labor diaria e o gran servizo público que prestan, especialmente no ámbito rural os voluntarios destes servizos”, segundo destacou hoxe o seu presidente, Valentín González Formoso.O BOP publica hoxe a concesión dunha destas liñas de subvencións, dotada con 81.447,03 euros e que está destinada a financiar investimentos que se realicen durante o ano 2018.Trece agrupacións de Protección Civil recibirán entre 4.000 e 12.000 euros para a adquisición de equipamentos, equipos e ferramentas necesarias para os rescates e intervencións, elementos de transporte, materiais de comunicacións ou equipamento informático e aplicacións móbiles.

A Deputación da Coruña destina este ano un total de 7.797,73 € a apoiar á agrupación de Protección Civil de Negreira, dentro das axudas publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia para un total de dezaito agrupacións de Protección Civil, quenes reciben o apoio da Deputación para dotarse de novos equipamentos, entre aqueles concellos de menos de 20.000 habitantes.

En total, a Deputación da Coruña inviste 110.486 euros en dúas liñas de axudas co obxectivo de “fomentar a importante labor diaria e o gran servizo público que prestan, especialmente no ámbito rural os voluntarios destes servizos”, segundo destacou hoxe o seu presidente, Valentín González Formoso.

O BOP publica hoxe a concesión dunha destas liñas de subvencións, dotada con 81.447,03 euros e que está destinada a financiar investimentos que se realicen durante o ano 2018.

Trece agrupacións de Protección Civil recibirán entre 4.000 e 12.000 euros para a adquisición de equipamentos, equipos e ferramentas necesarias para os rescates e intervencións, elementos de transporte, materiais de comunicacións ou equipamento informático e aplicacións móbiles.

Comentarios