Cinco persoas feridas en accidentes rexistrados en Vigo e Bergondo

Cinco persoas feridas en accidentes rexistrados en Vigo e Bergondo

O primeiro sucedeu ás 21:00 horas de onte na N-VI, á altura de Guísamo (Bergondo)

Cinco persoas resultaron feridas de diversa consideración a causa de senllos accidentes múltiples rexistrados en Vigo e Bergondo.

O primeiro sucedeu ás 21:00 horas de onte na N-VI, á altura de Guísamo (Bergondo). Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, tres vehículos colisionaron e, como consecuencia do impacto, dúas persoas tiveron que ser evacuada e outra acudiu ao centro médico polos seus propios medios.

Media hora despois, o 112 recibía unha chamada de alerta doutro sinistro con tres coches implicados e un autobús que bateron na Avenida de Florida, fronte ao número 136. Para socorrer a unha das persoas afectadas que permanecía no interior do coche envorcado, o persoal do 112 pediu a colaboración dos Bombeiros de Vigo. 

Sen embargo, descartaron actuar en canto comprobaron que o ferido estaba liberado e accesible para os servizos sanitarios de urxencia. Finalmente, dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios