Oroso protagonista nun capítulo da nova serie de TVE adicada ao turismo

Oroso protagonista nun capítulo da nova serie de TVE adicada ao turismo
Oroso protagonista nun capítulo da nova serie de TVE adicada ao turismo

O Camiño Inglés ao seu paso por Oroso aparecerá nun dos programas, dedicado a Galicia

O Concello de Oroso foi un dos paraxes elixidos para a nova tempada de ‘Turismo Rural no Mundo’, unha coproducción internacional de RTVE e Orange dirixida polo realizador e periodista Juan Frutos que se estreará en enero de 2019.

A serie documental viaxa por lugares que van dende Colombia a Xapón amosando a súa faciana máis rural: viaxes máxicas pola historia, a gastronomía e as ofertas de lecer.

O Camiño Inglés ao seu paso por Oroso aparecerá nun dos programas, dedicado a Galicia. Na súa estancia no municipio, os responsables da coproducción grabaron imaxes na zona de Carboeiro e viron en primeira persoa o auxe da ruta de peregrinaxe no concello, impulsado polo grupo de goberno socialista liderado por Manuel Mirás.

O Concello de Oroso ten desde hai anos un papel moi activo en todo o referente ás peregrinacións, ata o extremo de abrir o único centro do mundo dedicado ao estudo deste sendeiro medieval: o CEICI, Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés.

“É unha honra para o noso concello saír nun programa destas características, cunha difusión que servirá para promocionar o municipio e os seus atractivos de patrimonio natural e gastronomía”, sostén o concelleiro de Turismo, Antonio Leira.

Á marxe desta grabación, o próximo venres, día 19 de outubro, o Concello de Oroso organiza na Casa da Cultura o II Encontro Internacional no Camiño Inglés.

Comentarios
Lo más