O grupo de monologuistas científicos Big Van combinará humor e ciencia en Afundación

O grupo de monologuistas científicos Big Van combinará humor e ciencia en Afundación

As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará nas cidades da Coruña e Santiago de Compostela a proposta que combina humor e ciencia de Big Van. Científicos sobre ruedas. Poderase ver hoxe 14 de outubro, ás 18.00 h, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23). As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Big Van é un grupo de monologuistas científicos que reinventou a divulgación de coñecementos científicos utilizando os monólogos como instrumento. O seu obxectivo é achegar a ciencia ao público xeral amosando os avances máis recentes en diferentes ámbitos como a bioloxía, química, matemáticas, física ou enxeñería dun xeito ameno e comprensible. 

Así, neste espectáculo darase resposta a cuestións como que son os raios cósmicos ou a epixenética, que ocorreu en realidade no diluvio universal, para que serven as plantas peludas ou como se descubriu o bosón de Higgs dunha forma humorística pero cientificamente correcta.

Ademais, este espectáculo inclúe a participación do público coa posibilidade de expoñerlles preguntas aos monologuistas a viva voz ou a través de Twitter.

Comentarios