Xornada de chuvias fortes durante todo o día

Xornada de chuvias fortes durante todo o día

En Compostela a mínima acadará os 18º e a máxima de 20º

Unha fronte asociada a unha borrasca localizada nos arredores de Irlanda chegará a Galicia durante esta xornada. 

Así, comezaremos o día cos ceos parcialmente cubertos e co avance da mañá chegarán as chuvias polo oeste. 

A partir do mediodía os ceos estarán cubertos con chuvias xeneralizadas máis intensas na metade oeste da Comunidade.

As temperaturas ascenderán lixeiramente. En Compostela a mínima acadará os 18º e a máxima de 20º

Os ventos do sur soprarán moderados con intervalos fortes pola mañá e tralo paso da fronte virarán a compoñente oeste e baixarán en intensidade.

Comentarios