Abre o prazo de inscrición para Santiago(é)tapas

Abre o prazo de inscrición para Santiago(é)tapas

Santiago(é)tapas celebra este ano entre o 15 de novembro e o 2 de decembro a súa úndecima edición

Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, coorganizadores do concurso de tapas da cidade, Santiago(é)tapas, veñen de abrir o prazo de inscrición para os estabelecementos interesados en participar. As bases e a folla de inscrición poden consultarse na web do concurso, www.santiagoetapas.com. O prazo para inscribirse remata o día 19 de outubro.

Santiago(é)tapas celebra este ano entre o 15 de novembro e o 2 de decembro a súa úndecima edición. Trátase xa dun evento consolidado na cidade, que ten por obxecto dinamizar o sector turístico durante a temporada baixa a través dun evento que pon en valor a diversidade da oferta gastronómica de Compostela.

Na edición do ano pasado, na que se celebrou o décimo aniversario do concurso, participaron 70 locais que ofertaron 101 tapas, repartidas entre seis rutas ou (é)tapas. O consumo situouse por riba das 34.000 tapas, cun crecemento do 10% respecto do ano anterior.

Por cuarta edición consecutiva, Santiago(é)Tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Está confirmada a participación de Mahou como patrocinador principal e tamén o patrocinio xa tradicional de Cash Récord e Coca Cola. Conta ademais coa colaboración institucional da Deputación da Coruña. 

Comentarios
Lo más