Veciños de Lañas amosan a súa sorpresa ante as informacións publicadas do río Lañas

Veciños de Lañas amosan a súa sorpresa ante as informacións publicadas do río Lañas

O río Lañas, aflúente do Ulla, está nunha situación límite como o demostra o vídeo que aportamos

A veciñanza de Touro síntese impotente ante a deixadez da administración e o relato ficticio da mineira.

O río Lañas, aflúente do Ulla, está nunha situación límite como o demostra o vídeo que aportamos. Cheo de espumas que desprenden un olor moi forte e que contaminan as augas. Isto súmase á forte contaminación polo cobre que se pode apreciar en todas as pedras do río.

Os medios sacaban a semana pasada unha nota de prensa da mineira de Touro onde daban a entender que o río Lañas estaba en perfecto estado, xa que según eles non había mortalidad piscícola. Tal e como demostra o vídeo, unha vez máis, a realidade dista moito do relato que vende a empresa. Un desastre ecolóxico no que a administración,tanto a municipal como autonómica, segue de costas á veciñanza.


Comentarios