Ordes felicita aos gardas civís locais condecorados hoxe coa medalla da Orden do Mérito

Ordes felicita aos gardas civís locais condecorados hoxe coa medalla da Orden do Mérito

A actuación que lles supuxo tal recoñecemento honorífico foi a detención o pasado verán de Xosé Ferreño Lata, un dos pirómanos máis buscados no territorio nacional

O Concello de Ordes felicita ao cabo primeiro Miguel Ángel Mosquera Otero, así como aos guardas civís Miguel Tojo Aneiros, Roberto López Abuín e Luis Villaverde Vázquez pola condecoración que lles foi outorgada no día de onte. 

Todos eles pertencentes ao posto da Garda Civil de Ordes, recibiron de mans de distintos mandos e autoridades, a medalla da Orden do Mérito da Garda Civil con distintivo branco. Entre outros acudiron o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ademais do delegado e subdelegada do Goberno, Antón Losada de Azpiazu e Pilar López-Rioboo Ansonera. 

A actuación que lles supuxo tal recoñecemento honorífico foi a detención o pasado verán de Xosé Ferreño Lata, un dos pirómanos máis buscados no territorio nacional, o cal foi acusado de provocar un total de 28 incendios nos municipios de Frades e Mesía.

Comentarios