Rescatadas dúas persoas tras envorcar un kayak en Miño

Rescatadas dúas persoas tras envorcar un kayak en Miño

112 Galicia recibiu unha chamada dun veciño que alertaba dunha moza pedindo axuda desde unha kayak envorcado

A salvo os ocupantes dun kayak que envorcou preto da Praia de Perbes en Miño.

Pouco despois das dúas da tarde de onte o 112 Galicia recibiu unha chamada dun veciño que alertaba dunha moza pedindo axuda desde unha kayak envorcado. 

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasou o aviso a Salvamento Marítimo, que enviou ao lugar ao helicóptero Pesca I. 

Sen embargo, pouco despois confirmaba que unha embarcación próxima á zona acababa de recoller aos dous ocupantes do kayak e estaban a ser trasladados ao Porto de Sada en perfecto estado de saúde.

De este modo, anulouse a asistencia médica e outros medios de rescate e protección civil. 

Comentarios